NOVEDADES CARMINHA 

DIOS KE TE CREW -GRISON BEATBOX

MOUNQUP - FONKID - BREAKIN' BONES

22/06/09 - SARRIA

DIRTJUMP 

BIENVENIDO AGUADO - NUNO PINTAS

CAROLO - BRUNO ALMEIDA - FERRE - CHINO - SAUL - IÑIGO - SERGIO - RAUL

22/06/09 - SARRIA

 

ACTIVIDADES

SKATE - PARKOUR - FLATLANCE

ZONA GASTRONÓMICA 

22/06/09 - SARRIA

 

ESMORGADIRT '19
SARRIA PRAZA DA VILA

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomía local, música, deporte e cultura urbana.
Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer).

Música

 

Unha variedade musical para tódolos públicos, dende os afamados Novedades Carminha, os míticos Dios Ke Te Crew ou Grison Beatbox co seu divertido show. 

Máis info

Dirt Jump

 

Concurso e exhibición de saltos de dirt jump. Contamos cos mellores riders do país. 360, backflip, no hands... infinidad de trucos poderemos ver e desfrutar durante todo o día ata que a noite chegue..

Máis info

Obradoiros

 

Dous parques de Skate e Parkour, con monitores durante o día impartirán obradoiros de balde para tódalas idades. Deixarase práctica libre supervisada por monitores para o disfrute de estos deportes.

Máis info

¿Cómo, cando, onde?
Aquí cho contamos

A festa arrinca durante a mañá do 22 de xuño na Praza da Vila de Sarria con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través de varios monitores estas actividades durante todo o día, dispoñéndose para os participantes franxas de práctica libre , sempre supervisadas por un monitor. (prestaranse cascos e taboas de skate para ceder os participantes)

 

Durante o almorzo, nunha das prazas, farase unha mostra de productos locais (varios negocios da vila presentarán productos da terra e poñerán a disposición un mercado para o que queira xantar ou degustar o producto local cociñado in situ) durante varios concertos nunha sesión vermú que contará ca participación de varios grupos de rock.

A media tarde darán comezo os entrenos de dirtjump, a Praza da Vila dividese en dous cunha liña de enormes saltos nos que entrenarán corredores de nivel profesional.

Durante estos entrenos poderase ver entre o público exhibicións de Flatlance para posteriormente dar comezo o concurso de saltos e Best Trick.

Despois da entrega de premios xa de novo na zona gastronómica poderemos asistir a un espectáculo de 1 hora a cargo de  Grison Beatbox, campeón do mundo de beatbox, actualmente colaborador do exitoso programa de televisión “La Resistencia” presentado por David Broncano.

A finalización comerán os concertos no anfiteatro arrancando co considerado mellor grupo galego de Hip Hop : Dios ke te Crew, o grupo acaba de xuntarse tras un largo descanso e con novo disco volven máis fortes que nunca.

Tras o show de rap veremos un dos grupos galegos que máis destacan actualmente a nivel estatal: Novedades Carminha, esgotando a billeteira de salas como “Capitol” en Santiago e “La Riviera” en Madrid, culminará a noite do evento tocando tódolos éxitos da banda que tanta fama lle acada.  A festa rematará a cargo de Funkid, que mesturará temazos funk para que nadie deixe de bailar.