Obradoiros gratuitos de Skate e Parkour no Esmorgadirt

O vindeiro 22 de Xuño , a cargo dos nosos colegas de Vella Escola, impartiranse obradoiros de Skate e Parkour en parques habilitados no recinto, para gozar deles de forma totalmente gratuíta. Trae o teu monopatín, casco ou patinete e senón o tes deixámoscho nós!!

As instalacións estarán supervisadas en todo momento por monitores. As idades mínimas son de 10 anos para os talleres e 12 para a práctica libre.

Os horarios dos obradoiros serán : 12:00 / 13:00 / 17:00 e 18:00

Esperámosvos no Esmorga Dirt!

Last modified on Jueves, 06 Junio 2019 11:00