Dios Ke Te Crew regresa oito anos despois con novo disco 'O Ciclo da Serpe'. Cargados de simbolismo e mantendo o seu particupar humor apegado a actualidade e cargados de áceda retranca, ironía e sátira. 

Veñen de regresar co seu esperado novo disco logo de presentarse en direto o pasado 11 de maio na sala Capitol de Compostela con grande éxito de público.

A banda de Ordes é un dos referentes musicais galegos dos últimos 15 anos e este é o seu terceiro traballo discográfico logo de deixar a súa pegada cos LPs "Xénese" e "Humanose". DKTC volven máis fortes que nunca con toda a potencia do rap en galego da mítica formación que fará bailar a tódolos que se acheguen a Sarria o vindeiro 22 de Xuño.