Grison, campión mundial do 3º Boss Loopstation Contest e subcampión de España de Human BeatBox 2012-2013, preséntanos un curioso show que se basa fundamentalmente no "human beatbox", un arte que consiste en crear cancións e imitar a instrumentación completa, axudandose tamén de guitarra ou multiefectos para crear unha instrumentación propia dun grupo de rock ou un coro gospel. Todo nun ambiente participativo e animado para un público que, antetodo, non quedará indiferente. 

O afamado colaborador do programa "La Resistencia" comandado por David Broncano, faranos flipar, reir e desfrutar a noitiña do Esmorga Dirt.