Fonkid, patrón de Under The Ball, rinde culto a música disco na sua vertente máis pura sen deixar de lado os edits actuais dos clásicos discoides e tratando nos seus sets dar cabida o Italo e o Cosmic, sempre rebuscando entre os mellores secretos da década onde as bolas de espellos dominaban o mundo para facer das pistas de baile una mestura de hedonismo e baile desenfrenado.

Dj residente na paradisíaca terraza de Pénjamo (Nigrán) onde pon a banda sonora os atardeceres, cas Illas Cies de fondo. Levou a sua proposta musical ata Suiza (La Ruche), Ibiza (Kumharas, IbizaSonica), Madrid (Siroco), Aveiro (Festival dos Canais)  e percorrendo parta da nosa xeografía. Recentemente no Café Berlín (Madrid) e no Tentacle Summer Fest, fará o seu próximo desembarco na Vila de Sarria para deleitarnos no Esmorga Dirt e facernos bailar sen parar.