Breakin Bones, a antítesis da esperanza branca do rock and roll, como eles din: os onte delincuentes xuvenís, hoxe simplemente delincuentes. Manteñen unha forte inspiración do rock primitivo e salvaxe, e unha obsesión polo punk dos 50's ( o rockabilly máis oscuro) os 60's e 70's punk e finlmente influenciados  polo psychobilly oitentero. Un salvaxe trío formando por Santy, Natxo e Koldo que nos farán bailar durante a sesión vermút desde Esmorga Dirt a ritmo de rock and roll.