Camille Hèdouin  é unha artesá do son. Nada en Rouen ( Francia ) con orixes francoitalianos e costamarfileños pero galega de adopción, leva dende os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e Folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers, creando composicións que funcionan coma unha colaxe de texturas, formas e cores e que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup. Despois de percorrer o SuperBock Under Fest en Vigo, Monkey Week en Sevilla, Sound Isidro en Madrid ou o Noroeste na Coruña entre outros 50 concertos en 2018, terémola en Sarria para desfrutar da premiada polos Martin Codax a mellor artista electrónica do ano, concurso de talentos da Universidade UNIA de Sevilla ou o programa internacional europeo de talentos INES Talent.